Luns 8Mércores 10 de febreiro

Pazo da Cultura (Sala de Exposicións)Teatro

O Carballo con botas conta como Querco ficou só na súa fraga, porque todas as súas amigas, as outras árbores arderan nun terrible incendio.

As bágoas de Querco caíron con forma de landras nunha bota vella, onde tralas choivas do inverno nacerá unha árbore, chamada o Carballo con Botas, que lle fará compaña e de cando en vez visitará outros bosques e lugares, para coñecer novas historias e levalas de volta á fraga.

As Tardes na Sala contarán coa actividade do contacontos de Papaventos, ás 17.30 horas do luns 8, martes 9 e mércores 10 de febreiro nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra.