Mércores 10Xoves 11 de febreiro

Pazo da Cultura (Auditorio)Teatro

Caramuxo Teatro presenta o gran éxito editorial galego: Os Bolechas, unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosará un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns.

OS BONECOS Os bonecos utilizados no espectáculo son tipo Muppets e están tallados en gomaescuma. A elaboración dos títeres encargóuselle a Marcelo Fernández, recoñecido titiriteiro arxentino, que ten relizados traballos para teatro, cinema e televisión en diferentes lugares do mundo.

Público: + 3 anos. Duración: 45 minutos. A entrada custa 3 €, con desconto do 50% para os menores de 12 anos. Venda na billeteira, dende unha hora antes dos espectáculos.