Programación
XI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. KATARSIS: "PACAMA"
Sábado 13 de febreiro de 2010
Pazo da Cultura (Sala de Exposicións) 10:30h — Teatro
PACAMA é un espectáculo interactivo: unha exploración de xogos entre dous amigos que antes de durmir descobren un mundo de aventuras que distrae o seu sono. A súa predisposición e inxenuidade lévaos a atopar a diversión no máis sinxelo, en todo o que os rodea, nun contorno tan acolledor coma un dormitorio. Un xogo leva a outro, dende unha pelota ata unhas almofadas que fan de ás para voar, pasando polas sabas axitándose no aire, a toalla enrolándose y desenrolándose, a luz apagándose e acendéndose, e uns pequenos monicreques en forma de ollos que se bican.
Sesións: 10.30, 11.30, 13.00 horas e 17.00 horas.
A entrada custa 3 €, con desconto do 50% para os menores de 12 anos. Venda na billeteira, dende unha hora antes dos espectáculos.
DURACIÓN: 45 minutos, con intervención do público no encontro e na despedida.
PÚBLICO: nenos e nenas de 0 a 6 anos e público familiar.
