Domingo 21 de febreiro

Teatro Principal (Auditorio) 12:00hTeatro

“Sombreiros sen chapeu” é un espectáculo onde a silueta negra é a protagonista, a luz é o espazo escénico e a música, a narradora das accións.

Non hai palabras, substituídas nesta ocasión por unha sutil manipulación dos personaxes que a través de oito pequenos relatos contan historias para o divertimento do espectador.

Veremos a “Charlot” convertido en improvisado patinador, grazas ás travesuras do seu inseparable can; tamén un mago chinés coa súa tropa de coellos, excelentes equilibristas; un camiñante que se atopa cunha sorprendente pedra, un concerto con final calamitoso e moitos personaxes máis.

Un espectáculo onde os titiriteros de TANXARINA transformados en “chapeus” sen chapeu presentan unha montaxe en branco e negro cheo de novas ideas elaboradas e desenvolvidas no seu taller de construción, manipulación e ensaios.

A duración do espectáculo é de 50 minutos e está recomendado para públicos infantís, a partir dos 5 anos.

Esta obra ten dobre función: ás 12.00 e ás 18.30 horas. Entre o 13 e o 18 de xaneiro, pódense comprar abonos para 8 funcións, que teñen un prezo de 18 € (isto é: 2,25 € por sesión) e se poden adquirir exclusivamente en taquilla telefónica entre os días 13 e 18 de xaneiro. Hai dúas modalidades: - O abono matinal, con acceso ás sete funcións das 12.00 horas no Teatro Principal e ao musical O Libro da Selva, que se celebra o 21 de marzo no auditorio do Pazo da Cultura ás 18.30 horas. - O abono de tarde, para as sete funcións das 18.30 horas no Teatro Principal e a mesma sesión do Libro da Selva, no Pazo da Cultura, o 21 de marzo. O prezo das entradas únicas é de 3 € e pódense adquirir en venda anticipada a partir do 19 de xaneiro en www.caixagalicia.es ou no 902 43 44 43, ata tres horas antes do comezo do espectáculo ou esgotar localidades. Se aínda quedan entradas, dúas horas antes de cada función poderanse comprar na taquilla do Teatro Principal.