Domingo 28 de febreiro de 2010

Teatro Principal (Auditorio) 12:00hTeatro

Sketching é un espectáculo fresco e divertido dedicado a toda a familia, mestura de distintos sketches extraídos das anteriores montaxes da compañía así como de novas e enxeñosas situacións repletas de humor, que mediante o coidado xesto e a comicidade dos seus personaxes, logra arrincar a gargallada e o aplauso do público.

Desde un paseo por un recinto feiral, á defensa dunha dama por parte de cinco superheroes, pasando pola convivencia dunhas simpáticas vacas nun día máis da súa existencia... Unha hora de teatro visual onde o bo humor por parte do público está máis que garantido.

A duración do espectáculo é de 60 minutos e está recomendado para públicos infantís, a partir dos 6 anos.

Esta obra ten dobre función: ás 12.00 e ás 18.30 horas. Entre o 13 e o 18 de xaneiro, pódense comprar abonos para 8 funcións, que teñen un prezo de 18 € (isto é: 2,25 € por sesión) e se poden adquirir exclusivamente en taquilla telefónica entre os días 13 e 18 de xaneiro. Hai dúas modalidades: - O abono matinal, con acceso ás sete funcións das 12.00 horas no Teatro Principal e ao musical O Libro da Selva, que se celebra o 21 de marzo no auditorio do Pazo da Cultura ás 18.30 horas. - O abono de tarde, para as sete funcións das 18.30 horas no Teatro Principal e a mesma sesión do Libro da Selva, no Pazo da Cultura, o 21 de marzo. O prezo das entradas únicas é de 3 € e pódense adquirir en venda anticipada a partir do 19 de xaneiro en www.caixagalicia.es ou no 902 43 44 43, ata tres horas antes do comezo do espectáculo ou esgotar localidades. Se aínda quedan entradas, dúas horas antes de cada función poderanse comprar na taquilla do Teatro Principal.