Programación
JAZZ NO PRINCIPAL: GUIM GARCIA BALASCH & SPJ-Group
Sábado 6 de marzo de 2010
Teatro Principal (Auditorio) 20:30h — Música
O programa "Jazz no Principal" achega tres intérpretes convidados a Pontevedra que presentan a súa música xunto a un grupo dos alumnos máis representativos do Seminario Permanente de Jazz (SPJ). Nesta ocasión, o saxofonista Guim García Balasch (saxo alto) porá en escena a súa selección musical con Rafa Otero (guitarra), Ricardo Díaz (contrabaixo) e Álvaro Trillo (batería).
Este artista orixinal de Tarrasa, estudou na Queens College de New York o 'Master of Arts Program in Jazz Performance' con mestres coma Wynton Marsalis, Todd Williams, Michael Mossman, Antonio Hard, o Sr. Roland Hanna. Durante este período foi membro da Queen's College Big Band e da 'European Jazz Youth Orchestra', así coma o Marc Ayza Quartet.
Ten estudiado con saxofonistas de gran prestixio coma George Garzone, Chris Cheek, Seamus Blake, Perico Sambeat, Chano Dominguez, Brad Mehldau, Kurt Rosenwinkel, Jorge Rossy, Mario Rossy ou Jorge Pardo, e ten participado en numerosos festivais de Jazz.
Ten acompañado a músicos internacionais, tales como Randy Brecker, Michael Phillip Mossman, John Mosca, Bart Van Lier, John Nugent, Dick Oatts, Frank Wess, David Allyn, Bobby Shew, Slide Hampton, Carmen Lundy, Christina Machado, Judy Niemack...
Tamén conta con destacados traballos discográficos coma 'Alguimia U' ('Mellor disco do ano por Ràdio 4), 'Alguimia Dos', 'Estàndards', 'Núria Tomàs', 'Àngel venido a mi ventana' ou 'Jams a Granollers'.
Entrada para os concertos: 5€ (estudantes e xubilados: 3€). Venda anticipada no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com. As entradas tamén se poden adquirir na billeteira do Teatro Principal, unha hora antes do espectáculo.
