Mércores 10 de marzo de 2010

Pazo da Cultura (Sala de Exposicións) 18:00hContacontos

O Carballo con botas conta como Querco ficou só na súa fraga, porque todas as súas amigas, as outras árbores arderan nun terrible incendio. As bágoas de Querco caíron con forma de landras nunha bota vella, onde tralas choivas do inverno nacerá unha árbore, chamada o Carballo con Botas, que lle fará compaña e de cando en vez visitará outros bosques e lugares, para coñecer novas historias e levalas de volta á fraga.

Este espectáculo de contacontos está recomendado para os públicos infantís, a partir dos 5 anos e a entrada é de balde.

As actividades previstas na programación do 11º Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvolveranse do 7 de febreiro ata o domingo 14 de marzo de 2010.