Sábado 13 de marzo

Pazo da Cultura (Auditorio) 13:00hGalas

A presente edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra recoñece a traxectoria do profesor Agustín Fernández Paz como autor e promotor da literatura galega. Co propósito de renderlle tributo, no Auditorio do Pazo da Cultura falará outro escritor e mestre, ademais de experto en bibliotecas escolares, Xabier P. do Campo. O acto será animado pola actuación musical de Mini e Mero.