Programación
JAZZ NO PRINCIPAL: NUNO FERREIRA & SPJ-Group
Sábado 13 de marzo
Teatro Principal (Auditorio) 20:30h — Concertos
O programa "Jazz no Principal" achega tres famosos intérpretes convidados a Pontevedra que presentan a súa música xunto a un grupo dos alumnos máis representativos do Seminario Permanente de Jazz (SPJ).
O guitarrista Nuno Ferreira deleitará ao público, coa colaboración de Alberto Vilas (piano), Ricardo Díaz (contrabaixo) e Héctor Agulla (batería).
Nuno Ferreira naceu en Barreiro (Portugal) en 1975. Inicia os estudos de música na escola de jazz do Hot Clube de Portugal (HCP), concluíndo en 1994. É convidado para participar no encontro anual da IASJ (International Association of Schools of Jazz) que ten lugar en Nova Iorque.
En 1998 múdase para Nova Iorque, onde é bolseiro da ‘New School - Jazz and Contemporary Music Program’ completando a sua licenciatura en Maio de 2000. Alí estuda com Peter Bernstein, Kurt Rosenwinkel, Vic Juris, Garry Dial, Phil Markowitz, Gerard D’Angelo, George Garzone, Cecil Bridgewater e Reggie Workman. Acompaña tamén a artistas da talla de Jeff Watts, Donald Edwards, Dave Liebman, Roy Hargrove, Jesse Davis, Reuben Rogers, Doug Weiss e moitos outros.
En Maio de 2000, ainda en Nova Iorque, grava o seu primeiro disco para a editora ‘Fresh Sound - New Talent’ no cual participan Albert Sanz, Kris Bauman, Alexis Cuadrado e Jochen Rueckert .
Entrada para os concertos: 5€ (estudantes e xubilados: 3€). Venda anticipada no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com. As entradas tamén se poden adquirir na billeteira do Teatro Principal, unha hora antes do espectáculo.
