Domingo 14 de marzo

Teatro Principal (Auditorio) 12:00hTeatro

"1001, UNHA ODISEA NO DESERTO" recolle a atmósfera do máxico exotismo que envolve as míticas historias de "AS MIL E UNHA NOITES", creando a partir dela un espectáculo idóneo para todos os públicos, repleto de bo humor, poesía e aventuras.

Todo iso imbricado nun entrañable relato que fala do valor da amizade e do marabilloso poder evocador da literatura.

O vello Said é un magnífico narrador capaz de cativar aos seus oíntes durante horas. Karim é un novo pastor cheo de curiosidade, que cada noite déixase arrastrar a ese fabuloso mundo de aventuras, poboado por califas e princesas, por mercadores e ladróns, por alfombras voadoras e lámpadas marabillosas con xenios no seu interior...

Karim adora a maxia deses relatos, pero cada amencer devólvelle á crúa realidade do traballo duro para axudar á súa familia. Ata que un día, o seu mestre o vello Said, regálalle un caderno manuscrito onde están recollidas todas esas historias e unha vella lámpada para ler nas noites sen lúa.

E a partir dese instante todo na súa vida cambiou.

A duración do espectáculo é de 60 minutos e está recomendado para públicos infantís, a partir dos 6 anos de idade.

Esta obra ten dobre función: ás 12.00 e ás 18.30 horas. Entre o 13 e o 18 de xaneiro, pódense comprar abonos para 8 funcións, que teñen un prezo de 18 € e se poden adquirir exclusivamente en taquilla telefónica. Hai dúas modalidades: - O abono matinal, con acceso ás sete funcións das 12.00 horas no Teatro Principal e ao musical O Libro da Selva, que se celebra o 21 de marzo no auditorio do Pazo da Cultura ás 18.30 horas. - O abono de tarde, para as sete funcións das 18.30 horas no Teatro Principal e a mesma sesión do Libro da Selva, no Pazo da Cultura, o 21 de marzo. O prezo das entradas únicas é de 3 € e pódense adquirir en venda anticipada a partir do 19 de xaneiro en www.caixagalicia.es ou no 902 43 44 43, ata tres horas antes do comezo do espectáculo ou esgotar localidades. Se aínda quedan entradas, dúas horas antes de cada función poderanse comprar na taquilla do Teatro Principal.