Programación
CLAUSURA DO XI SALÓN DO LIBRO: "A NENA E O GRILO"
Domingo 14 de marzo
Pazo da Cultura (Auditorio) 12:00h — Concertos
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra estrea na súa última xornada o espectáculo ‘A nena e o grilo’ de Magín Blanco, trala saída do prelo do libro-CD-DVD homónimo da man da editora OQO. Nese traballo colaboran músicos coma Guadi Galego, Ugía Pedreira, Fred Martins ou Tarci Dávila, cunha ampla variedade de ritmos como a rumba, bossa nova, reggae ou folk. ‘A nena e o grilo’ combina o pop e a música de autor nun traballo no que as harmonías vocais son o recurso musical máis empregado.
