Programación
"Non te consumas"
Mércores 17 de marzo
Teatro Principal (Auditorio) 22:00h — Teatro
Xucrut Teatre representará a obra "Non te consumas" que pertence a campaña educativa de Solidariedade Internacional de Galicia, financiada pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia. Esta obra, destinada a poboación galega en xeral e aos xoves en particular, narra a historia de 3 personaxes con diferentes ritmos de vida e formas de consumir. O seu fin e mostrar as desigualdades que crea un modelo de consumo sen límites nin formulacións éticas e concienciar aos asistentes ao respecto.
Actividade gratuíta.
As invitacións pódense recoller na tenda de Comercio Xusto das Galerias Oliva (local 4) ou na billeteira do Teatro Principal a partir das 19:00 horas.
