Programación
JAZZ NO PRINCIPAL: JORGE VISTEL & SPJ-Group
Sábado 20 de marzo de 2010
Teatro Principal (Auditorio) 20:30h — Música
O programa "Jazz no Principal" achega tres famosos intérpretes convidados a Pontevedra que presentan a súa música xunto a un grupo dos alumnos máis representativos do Seminario Permanente de Jazz (SPJ). Este sábado, a trompeta de Jorge Vistel soará no Auditorio do Teatro Principal, acompañada por Antonio Agra (vibráfono), Iván Abal (piano), Juan Sánchez Santomé (baixo eléctrico) e Lucas Fixel (batería).
Estudou trompeta na "Escuela Vocacional de Arte de Santiago de Cuba". Aos quince anos comeza a súa carreira profesional, e máis tarde funda co seu irmán Maikel os "Vistel Brothers Band", cos que participa en festivais coma Monterrey Jazz Festival (EEUU), Bermudas Jazz Festival, Habana Jazz Plaza e Varadero Jazz Festival, entre outros.
Ten acompañado a artistas da talla de Roy Hargrove, Eddy Henderson, James Carter, Steve Coleman, Marcus Printup, Sean Jones, Steve Turre, Danilo Pérez, Oscar Valdés, Gilberto Valdés, Bobby Carcasses, Arturo O'Farril, Peruchin Jr, Ali Jackson, Benny Green, Dafnis Prieto, Francisco Mella, David Virelles, Esperanza Spalding, Gerald Clayton, Joe Sanders, Justin Brown, Dado Moroni, Peter Washington, Lewis Nash, Luis Deniz, Terence Stanford, Roman Filiú.
Dende o ano 2007 Jorge e o seu irmán Maikel residen en Madrid, onde acompañan a músicos da talla de Iñaki Arakistain, Mariano Valdayo, Bobby Martinez, Paco Charlin, Miguel Angel Chastang, Albert Sanz ou Perico Sambeat.
Recentemente saíu á venda o primeiro disco da Vistel Brothers Band, "Evolution", editado pola discográfica Freshsound-New Talents.
Entrada para os concertos: 5€ (estudantes e xubilados: 3€). Venda anticipada no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com. As entradas tamén se poden adquirir na billeteira do Teatro Principal, unha hora antes do espectáculo.
