Programación
Domingos do Principal. MUXICAS: “O LIBRO DA SELVA” (NO AUDITORIO DO PAZO)
Domingo 21 de marzo de 2010
Pazo da Cultura (Auditorio) 18:30h — Teatro
Barceló Producciones fai unha adaptación do relato de Rudyard Kipling. 'O libro da selva' pon na escena un espectáculo musical que invita a gozar coas aventuras do pequeno Mowgli, o oso Baloo e a pantera Bagheera e a viaxar a un mundo de fantasía e diversión, con bailes e cancións en directo. A obra está cargada de música, enerxía, risas e a participación do público para que os máis pequenos aprendan mentres se divirten cos seus personaxes favoritos.
Dura 80 minutos e está recomendado para públicos infantís, a partir dos 3 anos.
Entre o 13 e o 18 de xaneiro, pódense comprar abonos para 8 funcións, que teñen un prezo de 18 € e se poden adquirir exclusivamente en taquilla telefónica. Hai dúas modalidades: - O abono matinal, con acceso ás sete funcións das 12.00 horas no Teatro Principal e ao musical O Libro da Selva, que se celebra o 21 de marzo no auditorio do Pazo da Cultura ás 18.30 horas. - O abono de tarde, para as sete funcións das 18.30 horas no Teatro Principal e a mesma sesión do Libro da Selva, no Pazo da Cultura, o 21 de marzo. O prezo das entradas únicas é de 3 € e pódense adquirir en venda anticipada a partir do 19 de xaneiro en www.caixagalicia.es ou no 902 43 44 43, ata tres horas antes do comezo do espectáculo ou esgotar localidades. Se aínda quedan entradas, dúas horas antes de cada función poderanse comprar na taquilla.
