Programación
Emilio Rúa
Sábado 27 de marzo
Teatro Principal (Auditorio) 20:30h — Concertos
Concerto de presentación do terceiro traballo discográfico deste cantautor ourensán de voz aguda e ás veces rasgada, que gusta de acompañarse dos sons da guitarra e a harmónica. Rúa presentará unha vez máis a súa persoal revisión de temas tradicionais coma Lela ou composicións de Magín Blanco ou Uxía, nun concerto no que debullará os 12 temas de Interior, o seu novo disco. Este traballo contou coa participación de coñecidos músicos de Galicia e Portugal xunto a colaboracións destacadas coma a de Luís Tosar, Guadi Galego, Toni Lomba ou Manuel Rivas de quen utiliza a súa poesía para porlle música.
A entrada custa 6 €. A venda anticipada realizarase no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com.
