Programación
CONCERTO DE PRIMAVERA DA BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO
Sábado 27 de marzo
Pazo da Cultura (Auditorio) 20:00h — Concertos
Seguindo a dirección de Fernando Raña Barreiro, a Banda de Música de Salcedo dará a benvida á primavera o vindeiro sábado, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, a partir das 20.00 horas cun repertorio que combina a tradición galega con clásicos como a Divina Comedia e o poema sinfónico “Viento del Pueblo” de Canet Todolí, en conmemoración dos cen anos do nacemento do poeta Miguel Hernández.
Estrasantico. Simón Couceiro. (suite galega) - Alborada - Cantaruxa - Muiñeira
Viento del Pueblo. J.E. Canet Todolí. (recitador Francisco J. Lavía Fontán) Conmemoración do primeiro centenario do nacemento de Miguel Hernández.
La Divina Comedia. R. W. Smith. (baseada na obra clásica de Dante) -Infierno -Ascensión -Paraíso
20.00 horas. Entrada de balde.
