Xoves 8 de abrilDomingo 4 de xullo de 2010

Pazo da Cultura (Sala de Exposicións)Exposición

A transformación do sector da moda en Galicia nos anos 80 centrará a mostra do espazo expositivo do Pazo da Cultura entre o 8 de abril e o 4 de xullo. Esta iniciativa xorde como proxecto de investigación da tese doutoral de Cristina Varela e está comisariada por Silvia García. Na exposición colaboran o CGAC e os deseñadores galegos que protagonizaron esta década.

Trátase de dar unha visión plural da evolución que a década dos 80 supuxo para o sector da Moda. Os visitantes poderán ver prendas, fotografías e consultar revistas e documentos en formatos dixitais.

A transformación do sector da moda en Galicia nos anos 80 durante o pasado século centrará a mostra do espazo expositivo do Pazo da Cultura ata o vindeiro 4 de xullo. Na exposición poderemos contemplar máis de 50 estilismos das distintas empresas e deseñadores/as que marcaron esa década: Gene Cabaleiro

Caramelo

Adolfo Domínguez

Kina Fernández

Florentino

Inditex

Luis Fortes

Estrella G

María Moreira

Antonio Pernas

Teresa Ramallal

Toypes

Roberto Verino

Ademais das prendas expostas, a mostra compleméntase con 5 audiovisuais:

  1. Un vídeo con entrevistas aos protagonistas da Moda dos 80 en Galicia (Deseñadores/as, xornalistas, publicistas, críticos de arte e moda e tamén os herdeiros daquel movemento):

    Luís Carballo

    Gene Cabaleiro

    Javier Cañás

    María Moreira

    Kina Fernández

    Adolfo Domínguez

    Fernando Franco

    Román Padín

    La Canalla. Fran e Patricia Soto

  2. Unha proxección do desfile “Luada”.

  3. O vídeo ‘Secret Strike’ de Alicia Framis, que pertence á colección do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

  4. O documental sobre o ambiente da ‘movida viguesa’ nos anos 80, “Periféricos”, de Tamara Blanco, Xosé A.F. Holgado e Carlos Méndez.

  5. A interface específica do Wikimap (mapeado cultural dos anos 80 en Galicia) para consultar a información que se elaborou durante o transcurso da investigación.

O horario de apertura é de martes a venres, de 17.00 a 21.00 horas. Os sábados abrirá de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Os domingos e festivos, só pola mañá, de 11.00 a 14.00 horas e pecha os luns.