Programación
BERROGÜETTO
Venres 9 de abril
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Concertos
Este concerto presenta o último disco de Berrogüetto: Kosmogonías lévanos ao momento de partida por excelencia, ao Big-Bang, ao triunfo da materia sobre a antimateria. O berro inicial do universo que coa súa radiación chega ata nós.
Kosmogonías é unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara á consecución dun sistema de organización máis xusto.
Berrogüetto párase e destaca todas aquelas vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar a súa contorna. O seu directo transcende máis aló do son, supón unha experiencia na que se unen a música e a imaxe. Cinco sentidos, cinco discos.
A entrada custa 8 € anticipada, 10 € en billeteira. A venda anticipada realizarase no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com.
