Xoves 29 de abril de 2010

Teatro Principal (Auditorio) 20:30hMúsica

Tras gañar o premio ao Artista Revelación nos XIV Premios da Música hai apenas unhas semanas, o “crooner” andaluz, Toni Zenet, presenta o seu primeiro disco en solitario: Los Mares de China. Temas que poderían terse escrito perfectamente nas décadas dos 20, 30 ou 40 do século pasado pero cun carácter moi actual, compoñen este traballo no que se misturan, como se dunha viaxe polo mundo se tratara, tinturas de copla andaluza, tango arxentino, sons cubanos e jazz norteamericano. Zenet plantexa unha fusión natural en temas que soan como “de toda a vida” pero que non se fixeron até o de agora, unha proposta brillante e orixinal, unha “viaxe natural aos sentidos…”

A entrada custa 15 € anticipada, 18 € na billeteira. A venda anticipada realizarase no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com.