Domingo 2 de maio de 2010

Pazo da Cultura (Auditorio) 12:00hEspectáculo musical

Dentro dunha ampla xira de actuacións chega a Pontevedra este divertido e exitoso musical para público familiar no que se combinan xogos, acrobacias e cancións. Está especialmente deseñado para que os nenos e nenas aprendan xogando e bailando. Cantajuegos busca divertir aos pequenos espectadores fomentando a interacción co público ensinándolles a través da música e o xogo nocións de ritmo e psicomotricidade ademais de reforzar o seu mundo afectivo, a identificación e a empatía co resto de nenos. O musical basea os seus contidos nos 5 dvd’s do mesmo nome existentes no mercado, dos que xa se venderon máis de 90.000 copias.

A entrada custa 15 €. A venda anticipada realizarase no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com.