Domingo 9 de maio de 2010

Teatro Principal (Auditorio) 20:30hMúsica

Son de seu, a primeira orquestra folc de Galicia, trae ata o Principal os sons do seu último traballo discográfico. Un total de 35 músicos interpretarán xunto aos temas deste disco, outros que forman parte do seu repertorio habitual, composto por pezas tradicionais e contemporáneas, dende un espírito aberto, un timbre fundamentalmente acústico, instrumentos construídos na súa maioría por artesáns do país e arranxos contemporáneos na liña do xa clásico folc galego. A coidada presenza escénica constitúe de por si un espectáculo orixinal e vistoso cun son potente, cheo de enerxía e matices.

A entrada custa 10 €. A venda anticipada farase no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com.