Venres 21 de maio de 2010

Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00hMúsica

A Señora Carmen, tesouro vivo da música tradicional galega e compoñente de Malvela vén de sacar, aos 84 anos, o seu primeiro traballo discográfico en solitario Na flor dos meus anos. Aproveitando esta circunstancia, réndeselle esta homenaxe na que estará acompañada por Uxía Senlle e o grupo Malvela, así coma outros moitos artistas e convidados. O contacontos Celso Fernández Sanmartín actuará coma fío conductor do espectáculo, que terá na parte musical seis instrumentos sobre o escenario: teclados, tamboril, bombo, gaita, frautas e percusión tradicional. O audiovisual desempeñará tamén un destacado papel, con pezas de vídeo creadas expresamente para o evento.

A entrada custa 10 €. A venda anticipada farase no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com.