Programación
PRESENTACIÓN: "O Quinteto Monterrey de José Posada. Nos xardíns da Tropical”
Sábado 19 de xuño de 2010
Teatro Principal (Auditorio) 21:00h — Música
O Quinteto Monterrey foi un grupo musical creado en Cuba polo gaiteiro galego José Posada a principios do século XX. A súa historia recóllese nun libro que acaba de publicar o gaiteiro pontevedrés, Óscar Ibáñez. O Teatro Principal acollerá este concerto–presentación no que Óscar Ibáñez interpretará temas do Quinteto Monterrey cos músicos Miguel Dopazo (clarinete), José M. López (saxofón alto), Eduardo Seoane (trompeta), Luís Rodríguez (saxofón tenor), Andrés Vilán (caixa) e Alberto Costas (bombo con pratos). No acto intervirán a concelleira de Cultura, Lola Dopico, e o editor Javier Jurado.
Este espectáculo ten entrada libre até completar a capacidade.
