Programación
Só, de Carlos Blanco
Xoves 30 de setembro de 2010
Teatro Principal (Auditorio) 21:00h — Monólogo
So?
Si. Só.
De jazz, feito coa palabra, coa luz.
De humor, feito a man, artesán, unha arte-sá; a da risa.
Nun escenario, só, un cómico fala.
Carlos Blanco, centos e centos de actuacións, de risos, milleiros de gargalladas provocadas.
Hai quen fai o Camiño e se atopa a si mesmo.
Hai quen fai o Camiño e atopa o amor.
Hai quen fai o Camiño e atopa só bochas nos pés.
Carlos Blanco fixo o Camiño e atopou un espectáculo de humor:
Atascos nas corredoiras ata chegar primeiros aos albergues, pintadas fascinantes, unha hostalería (a nosa) con tódolos matices posibles, anécdotas en varios idiomas, e, ao fin, Compostela… ou quizais Fisterra.
Só. Un Camiño nunca visto.
O camiño de Santiago percorrido por un de Santiago: Un absurdo?
Algo así.
A nova aventura de Carlos Blanco ten bastón, mochila e ata coche de apoio.
Que cada quen fai o Camiño como pode.
Sexo, maniotas, máquinas expendedoras de todo tipo de cousas, lixo, carballeiras, polígonos industriais, consellos prácticos, aventuras…
E beleza, claro. Todo iso é Só. A nova aventura humorística de Carlos Blanco.
Un novo camiño para o humor galego.
Un paseo a bo ritmo polo interior.
Un desafío á intelixencia.
Unha delicatessen low cost.
Só.
Para non perder a fe... na diversión.
Un mundo.
Organiza: ProduOcio
Prezo: 10,00 euros
Venda anticipada de entradas en www.servinova.com e no teléfono 902 504 500
