Programación
CONCERTO DE CÁMARA DE GAITA E PIANO, A CARGO DE PABLO DEVIGO E BRENDA VIDAL
Venres 8 de abril de 2011
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Música
Enmarcado dentro do programa do Congreso Xoán Manuel Pintos que organiza a Concellería de Normalización Lingüística, o gaiteiro Pablo Devigo e a pianista Brenda Vidal protagonizan este recital, unha interesante combinación musical cun atractivo resultado.
Programa do concerto: > Luces do Atlántico, de Ernesto Campos. I Amencer en Fisterra II Cabo Home en Fisterra III Danzas do mar en Silleiro > Redondelana, de Ernesto Campos [Descanso] > Xota da utopía galega, de Pablo Devigo > Porticata, de David Bellas > Bría, de Pablo Devigo
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
