Sábado 30 de abril de 2011

Pazo da Cultura (Auditorio) 18:00hFestival

Como colofón á Mostra de Teatro Ben Veñas Maio, que se desenvolve do 27 ao 30 de abril no Teatro Principal, o sábado 30 celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra a undécima edición do Certame Musical Ben Veñas Maio, con actuacións dos grupos dos institutos e entrega dos premios do resto de concursos que conforman este ciclo: poesía, banda deseñada, narración curta e fotografía.

Organiza: coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra

Colabora: Concello de Pontevedra

Entrada de balde ata completar a capacidade do auditorio do Pazo da Cultura