Venres 13 de xaneiroDomingo 12 de febreiro

Pazo da Cultura (Sala de Exposicións)Exposición

Artista poliédrico contemporáneo, nome indiscutible na expresión plástica portuguesa, (pintura, escultura, cerámica, interiorismo, etc.) pero fundamentalmente un nome comprometido coas correntes artísticas de vangarda que sabe mesturar prodixiosamente as cores de xeito que a súa pintura produce un sentimento de gozo e pracer para dar paso a súa interpretación levándonos da expresión á emoción nun solo trazo. Nas súas obras pódese apreciar a forza e a beleza do cotián e da expresión sinxela dun home ligado a terra que o veu nacer, Perre, Viana do Castelo e a Serra d´Arga, Caminha, onde convive coa arte que se expresa cada verán en “Arte na leira”, unha das máis importantes manifestacións artísticas que teñen lugar no Norte de Portugal. Mário Rocha acércanos o seus aires da serra que baten nos nosos rostros a través das pinceladas dos seus cadros.

Martes a venres de 17.00h. a 21.00h. Sábados de 11:00h. a 14:00h. e de 17:00h. a 21:00h. Domingos e festivos de 11:00h. a 14:00h. Luns pechado.