Programación
Domingos do Principal: "TAN GRAM" de TOC DE RETRUC
Domingo 29 de xaneiro
Teatro Principal (Auditorio) 12:00h — Danza
As pezas do Tan Gram cobran vida, móvense, crean figuras distintas e provocan unha serie de escenas e situacións coas que os protagonistas terán que : xogar, danzar, cantar, tocar, e gozar.
Espectáculo de danza contemporánea, percusión, teatro e luz negra.
Recomendado a partir de 3 anos
Duración: 55 minutos
Este espectáculo ten dobre sesión: ás 12.00 e ás 18.30 horas.
Os abonos para asistir ás 9 funcións estarán á venda entre o 11 e o 18 de xaneiro exclusivamente a través da billeteira telefónica a un prezo de 27,00 € (isto é: 3,00 €/sesión). Hai dúas modalidades: - O abono matinal, con acceso ás 8 funcións das 12.00 horas no Teatro Principal e ao espectáculo "Zoo" que se celebrá no Pazo da Cultura o 26 de Febreiro. - O abono de tarde, que dará acceso a todas as funcións das 18.30 horas.
O prezo das entradas soltas é de 4,00 € e pódense adquirir en venda anticipada a partir do 19 de xaneiro en www.novagaliciabanco.es ou no 902 43 44 43, ata tres horas antes do comezo do espectáculo ou esgotar localidades. Se aínda quedan entradas, dúas horas antes de cada función poderanse mercar na billeteira do Teatro Principal.
