Programación
Domingos do Principal: "MENSAXE SEN BOTELLA" de CARAMUXO TEATRO
Domingo 5 de febreiro
Teatro Principal (Auditorio) 12:00h — Teatro
Jean Pierre Dumond é un home maniático e perfeccionista, vive só e adícase cada noite a recoller as mensaxes que chegan ao seu faiado dentro de botellas de diferentes tamaños e cores. Dumond entrégallas a Gastón para que as deixe voando no peitoril da xanela do seu destinatario. Dumond é feliz na súa rutina diaria, mais un día chega unha botella sen mensaxe, unha mensaxe sen botella...
Unha proposta emotiva, visual e poética que mestura unha realidade imaxinaria nun mundo diferente.
Teatro de actor e títeres.
Recomendado a partir de 5 anos
Duración: 50 minutos
Este espectáculo ten dobre sesión: ás 12.00 e ás 18.30 horas.
Os abonos para asistir ás 9 funcións estarán á venda entre o 11 e o 18 de xaneiro exclusivamente a través da billeteira telefónica a un prezo de 27,00 € (isto é: 3,00 €/sesión). Hai dúas modalidades: - O abono matinal, con acceso ás 8 funcións das 12.00 horas no Teatro Principal e ao espectáculo "Zoo" que se celebrá no Pazo da Cultura o 26 de Febreiro. - O abono de tarde, que dará acceso a todas as funcións das 18.30 horas.
O prezo das entradas soltas é de 4,00 € e pódense adquirir en venda anticipada a partir do 19 de xaneiro en www.novagaliciabanco.es ou no 902 43 44 43, ata tres horas antes do comezo do espectáculo ou esgotar localidades. Se aínda quedan entradas, dúas horas antes de cada función poderanse mercar na billeteira do Teatro Principal.
