Programación
TREIXADURA presentando o disco: "ESA SI QUE É MUIÑADA"
Sábado 11 de febreiro
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Música
En Galicia TREIXADURA constitúe, dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada dende dúas concepcións ben arraigadas: o canto e agaita. Ritmos, cantos e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares coma nas festas e eventos urbans, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitándo a música dose seus 15 compoñentes que contan con máis de 20 anos de traxectoria e 5 discos no mercado.
O seu novo traballo discográfico "Esa si que é muiñada" pretende revivir a música e os cánticos populares que aínda se agochan no máis profundo dun pobo que garda con celo o seu patrimonio cultural. É unha lúa crecente casi chea que insinúa a fin dun ciclo e o inicio dun novo.
Para levar a cabo este proxecto, Treixadura conta coa colaboración dos coros decanos galegos "Cantigas e Agarimos", "Cántigas da Terra", "Real coro Toxos e Froles", a "Coral De Ruada" e a "Agrupación Musical de O Rosal".
Venda anticipada de entradas en www.servinova.com a un prezo de 10,00€. (8,00€ para estudantes, parados e xubilados). No caso de non esgotarse as entradas, as restantes estarán á venda na billeteira do Pazo da Cultura dende 1 hora antes do comezo do espectáculo.
