Domingo 12 de febreiro

Teatro Principal (Auditorio) 12:00hTeatro

Helena e Xoel son amigos ata que un vento estrano lles rouba a alegría e o amor e aproveita as diferenzas entre a xente para convertelas en prexuízos. Prexuízos de adultos que son abondo como para facer un valado que partirá a vila en dúas deixando aos dous amigos separados, un a cada lado. A rebeldía, a habilidade e o amor farán que saiban seguir comunicados e xuntos… aínda que separados.

Teatro de actor

Recomendado a partir de 8 anos.

Duración: 55 minutos.

Este espectáculo ten dobre sesión: ás 12.00 e ás 18.30 horas.

Os abonos para asistir ás 9 funcións estarán á venda entre o 11 e o 18 de xaneiro exclusivamente a través da billeteira telefónica a un prezo de 27,00 € (isto é: 3,00 €/sesión). Hai dúas modalidades: - O abono matinal, con acceso ás 8 funcións das 12.00 horas no Teatro Principal e ao espectáculo "Zoo" que se celebrá no Pazo da Cultura o 26 de Febreiro. - O abono de tarde, que dará acceso a todas as funcións das 18.30 horas.

O prezo das entradas soltas é de 4,00 € e pódense adquirir en venda anticipada a partir do 19 de xaneiro en www.novagaliciabanco.es ou no 902 43 44 43, ata tres horas antes do comezo do espectáculo ou esgotar localidades. Se aínda quedan entradas, dúas horas antes de cada función poderanse mercar na billeteira do Teatro Principal.