Programación
Domingos do Principal: "NANA PARA UN SOLDADO" de Ghazafelhos
Domingo 25 de marzo
Teatro Principal (Auditorio) 12:00h — Teatro
Dous soldados inimigos na fronte atopan unha muller que ignora a guerra e os bombardeos e terán que deixar a un lado as súas diferenzas para facérense cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno. Unha reflexión sobre o absurdo das guerras, e que o necesario para entenderse é escoitarse e respectarse.
Teatro de actor.
Recomendado a partir de 6 anos.
Duración: 60 minutos.
Este espectáculo ten dobre sesión: ás 12.00 e ás 18.30 horas.
Os abonos para asistir ás 9 funcións estarán á venda entre o 11 e o 18 de xaneiro exclusivamente a través da billeteira telefónica a un prezo de 27,00 € (isto é: 3,00 €/sesión). Hai dúas modalidades: - O abono matinal, con acceso ás 8 funcións das 12.00 horas no Teatro Principal e ao espectáculo "Zoo" que se celebrá no Pazo da Cultura o 26 de Febreiro. - O abono de tarde, que dará acceso a todas as funcións das 18.30 horas.
O prezo das entradas soltas é de 4,00 € e pódense adquirir en venda anticipada a partir do 19 de xaneiro en www.novagaliciabanco.es ou no 902 43 44 43, ata tres horas antes do comezo do espectáculo ou esgotar localidades. Se aínda quedan entradas, dúas horas antes de cada función poderanse mercar na billeteira do Teatro Principal.
