Luns 14 de maio de 2012

Teatro Principal (Auditorio) 21:00hMúsica

A portuguesa Banda d´Alem e o grupo de folk tradicional galego Quempallou, xuntan os seus talentos neste concerto. "Vellas Novas”, o último traballo de Quempallou está cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.

Entrada libre