Programación
Concerto do Día das Letras Galegas, do Consello de Cultura Galega e Concello de Pontevedra
Mércores 16 de maio de 2012
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Música
A Orquestra Real Filharmonía de Galicia, A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e o Coro Académico do Conservatorio Manuel Quiroga, baixo a dirección de Maximino Zumalave interpretarán obras de Antón García Abril, Juan Durán e Rogelio Groba, partituras compostas sobre textos de Celso Emilio Ferreiro, Valentín Paz-Andrade e Ramón Cabanillas.
Entrada libre ata completar a capacidade do Auditorio.
