Programación
Cinema en galego: Vikingland
Martes 29 de maio de 2012
Teatro Principal (Auditorio) 21:00h — Cine
Dan man de Normalización Lingüística e o Cineclub Pontevedra, poderán gozar deste documental ideado e manipulado por Xurxo Chirro. Mariñeiros galegos traballan nun ferry entre a cidade danesa de Romo e a illa alemana de Sylt. Un deles merca unha videocámara e comeza a gravar a súa vida cotiá e a dos seus compañeiros durante unha morea de travesías ao longo dunha inverneira. Documento sobre a emigración galega no Norte de Europa.
Entrada libre
