Programación
Presentación do libro-dvd "Dúas letras" de Fina Casalderrey
Xoves 4 de outubro de 2012
Teatro Principal (Auditorio) 20:00h — Presentación Libro
Editorial Galaxia presenta o libro-dvd "Dúas Letras" de Fina Casalderrey, e no que se inspirou a película de Eloy Varela. "Dúas Letras", a gran triunfadora nos Festivais de Cine de Bueu, Cans e Primavera de Vigo. Nesta edición, nun formato en tapa dura, públicase o Dvd con extras, e dous traballos sobre a emigración galega a América. Precisamente "Dúas Letras" gravita en torno á carta que non da chegado, a misiva do fillo que está na emigración, pelexando co destino e a sorte, e a nai que espera a chegada da carta que lle dará, ademais de novas, algo de esperanza.
Entrada de balde ata completar aforo
