Domingo 7 de outubro de 2012

Pazo da Cultura (Auditorio) 19:30hNovo circo

Teatro/Circo para Bailarins, Circo/Danza para actores, Danza/Teatro para cirqueros... paiasos para todos os públicos Encontros é un espectáculo multidisciplinar, onde o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión, un punto de partida para comunicar, para contar ó público as inquedanzas que nos invaden. A comedia e o virtuosismo forman parte desta montaxe ecléctica que xurde do encontro de dúas persoas, tócanse, úlense, séntense, e comezan o seu camiñar, xuntos. As habilidades físicas e interpretativas dos actores serán o lenzo no cal as emocións debuxan a historia, sinxela, onde as personaxes viaxarán pola sinuosa liña das relacións humanas; amosando tódalas cores que hai dentro de cada un de nós, expoñendo dende a bondade máis verdadeira ata a maldade máis extrema. Danza, acrobacia, equilibrios, manipulación de obxectos e xogos malabares estarán ó servizo da narración teatral. Serán as ferramentas que usarán os artistas para acompañar ó espectador neste percorrido polo acto da comunicación entre dúas persoas.

Prezo: 8 € e 5 € (Menores, estudantes, parados e xubilados) Venda anticipada de entradas en servinova.com