Programación
Tango
Venres 19 de outubro de 2012
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Teatro
Representado por Sarabela Teatro.
Poucas veces temos a fortuna de dar no momento xusto cun texto tan axeitado como "Tango", de Slawomir Mrózek, unha peza que é puro teatro e que, como escribiron os críticos cando foi estreada, representa como ningunha outra "unha obra que o teatro precisaba e que o público esperaba..."
Entregámonos, pois, á comedia; a esta obra que está considerada como unha das máis relevantes do teatro polaco en todo o mundo, para buscar a vosa complicidade con esta sátira liberadora e oportuna que expresa a necesidade dunha nova comprensión da liberdade. É un delirio, magnético, lúcido...
O noso equipo de actores e creadores reforzarase para estar á altura de este reto, plantándolle cara ás dificultades con enerxías renovadas e un riso que nos regala o autor con esta historia extravagante dunha familia que é un retrato do mundo contemporáneo.
Prezo: 8 € e 5 € (menores, estudantes, parados e xubilados) Venda anticipada en servinova.com Horario da billeteira: dúas horas antes do comezo da función
