Programación
O Coro da Rá
Venres 26 de outubro de 2012
Pazo da Cultura (Auditorio) 21:00h — Música
O Coro da Rá, coro residente da Escola Estudio de Santiago é unha formación vocal de 50 compoñentes que conta con 19 anos de historia. Ao longo da súa traxectoria ofreceu as súas versións a capella de famosos temas da historia do soul, do rock, do pop, do jazz ou da música brasileira. Fixo multitude de aparicións en televisión, grandes teatros, e tamén nas rúas de toda Galicia facendo flash mobs e loucuras de todo tipo. Participou en spots publicitarios, e gravou un cd: Fráxil.
Agora, e Baixo a dirección de Ramón Bermejo, presenta o seu novo espectáculo titulado “Non nos importa a fama!”, estreado no Salón Teatro de Santiago, no que se ofrece un renovado repertorio de cancións que van desde o swing de Count Basie ata temas de Queen, Frank Zappa ou Earth, Wind and Fire, cunha coidada posta en escea e un plantel de excelentes solista
Venda anticipada de entrada en www.servinova.com a un prezo de 8 euros. 5 euros estudantes, parados e xubilados.
