Programación
CONCERTOS EN FAMILIA: "A caixa de música"
Domingo 28 de outubro de 2012
Teatro Principal (Auditorio) 18:30h — Títeres
Concerto de música de cámara con espectáculo de títeres representado pola compañía Viravolta Títeres, acompañada por músicos que interpretarán as pezas compostas por Ermitas García Ríos.
Icía e Salterio, xogando estragan a caixa de música de Calderón, o vello músico que toca na praza. Apesarada, Icía buscará o xeito de arranxala topando uns habilidosos personaxes, Zaracruso e Alterego, que lle poden prestar “gran axuda”. É un espectáculo visualmente atractivo, debido a iluminación e as cores refletantes na luz negra. A música en directo crea un universo único que atrapa aos espectadores e trasladaos ao mundo de Icía e Salter
Programa musical: 1-Vals do organillo 2-Rumba da casa de música 3-Fantasía de Icía 4-No pinar o cuco 5-Tango Grave 6-Paxaros e Bolboretas 7-Vals do organillo 8-Rumba da casa de música
Prezo único: 3 € Venda anticipada de entradas en servinova.com Horario da billeteira: unha hora antes da función
